Zackarina e o Lobo de Area
Terceira e última entrega da serie ''O Lobo de Area'', un éxito da literatura nórdica. Continúan as aventuras e as experiencias de Zackarina co seu sabio amigo.
«Zackarina e o Lobo de Area» culmina a exitosa triloxía protagonizada por unha nena curiosa e inconformista e o seu sabio e inseparable amigo. Tras «O Lobo de Area» (Premio Atrapallibres 2020, Catalunya) e «As historias do Lobo de Area», este volume final presenta a faceta máis divertida de Zackarina que, aínda que se fai maior, segue sorprendendo co seu enxeño e coas súas vivencias no eido familiar. A serie escrita por Åsa Lind evolucionou dende o malestar inicial cos seus pais por non pasar máis tempo con ela, ata contar coa comprensión dos adultos. Unha saga creada para perdurar seguindo o crecemento de Zackarina a través de valiosas leccións vitais: a amizade, o medo a morte… sempre ao carón do Lobo de Area, que a escoita, a comprende e comparte con ela o seu desbordante humor e imaxinación. Coa súa frescura e un carácter inquedo, Zackarina segue afianzando o seu propio espazo de resistencia no mundo dos maiores, dialogando sobre as cuestións máis profundas e discurrindo sorprendentes ideas.
Esta protagonista feminina destaca pola súa impactante personalidade, espello no que moitas lectoras e lectores poden mirarse mentres a narración e os diálogos transcorren con fluidez e naturalidade, entre as destrezas literarias dunha coidada linguaxe repleta de xogos de palabras.
As cálidas e poéticas ilustracións de María Elina Méndez favorecen a lectura do texto envolvéndonos co rumor do mar e coa materia prima da que está feito este lobo máxico, soñador e entrañable, perfecto compañeiro de xogos e aventuras.

Otros idiomas:
Colección: 7 Leguas
Edad recomendada: A partir de 8 años
Páginas: 120
Tamaño: 15 x 23,5
ISBN: 978-84-1343-096-6
Libros relacionados
Comprueba los artículos para añadir a la cesta o