Matilde
Un pittore di mondi da sogno, un pennello e una mano birichina in un mondo grigio, con persone grigie. Una storia che non ha bisogno di parole.
Inqueda e curiosa, a pequena Matilde asómase ás agachadas ao estudio dun artista e sae fuxindo cun dos seus pinceis, co que decide debuxar un dragón. Para a súa sorpresa -e a dos lectores- a criatura trazada salta da parede e comeza a percorrer a cidade, ata que se desentende da nena e vai cometendo falcatruadas. Afortunadamente, o pintor aparece no momento oportuno e de máximo suspense para axudar a Matilde, restablecendo a normalidade. Todo sucede nunha cidade gris e aburrida, onde a xente camiña coa cabeza baixa e allea ao sucede ao seu arredor. A presenza da cor -que adquire un valor simbólico- redúcese á figura da protagonista, o taller do artista e os personaxes que saen dos seus pinceis, algúns dos cales tamén habitan libremente nas rúas.
Trátase dunha historia visual, sen texto escrito, que posúe unha estudada narrativa: está estruturada en grupos de viñetas e en amplas escenas a dobre páxina, incluíndo representacións de estilo cinematográfico propias da linguaxe da banda deseñada, que reforzan o carácter dinámico do relato.
Sofía Zapata presenta unha historia actual evocadora dunha antiga lenda sobre un pincel máxico. Así, “Matilde” trata sobre o poder da imaxinación e da creatividade; un poder mesmo indómito, se quen o manexa non é quen de controlalo. Neste sentido, apréciase un aceno ao oficio artístico e ao papel do mestre como guía. A obra, cun final aberto, non se esgota nun primeiro achegamento, senón que permite descubrir novos detalles e personaxes de oculto protagonismo en sucesivas lecturas.

Colección: Libros interactivos
Edad recomendada: A partir de 6 años
Páginas: 48
Tamaño: 16 x 16
ISBN: 978-84-8464-295-4