Inventario ilustrado de animais con cola
Para non perder o equilibrio, desprazarse, comunicarse, atacar ou defenderse... A cola destes animais é máis importante do que parece e este álbum descúbrenos as formas, colores e funcións deste curioso apéndice en especies de todo o mundo.
O raposo, a toupa, o pato, o tritón… son animais vertebrados que contan cun apéndice corporal que ten máis importancia da que parece. Con formas, cores e funcións distintas en cada especie, esta prolongación da columna vertebral é un órgano moi interesante, tal e como nos descubre este libro. "Inventario ilustrado de animais con cola" xurdiu a raíz da exposición «Parce Queue», organizada polo Museo de Historia Natural de Neuchâtel e presentada no Museo-Acuario de Nancy, vencellado á Universidade de Lorena.
Reúne máis de 40 referencias da fauna que habita en lugares moi distintos do planeta, algunhas delas presentes na xeografía galega. De cada animal indícase o seu nome común e científico, a súa clasificación zoolóxica e unha descrición que inclúe a utilidade que lle dá á súa cola: manter o equilibrio, contribuír ao movemento, comunicarse cos seus conxéneres, atacar ou defenderse…
Virginie Aladjidi supervisou a obra, con textos de Pierre-Antoine Gérard e Lucile Guittienne, responsables do Museo-Acuario de Nancy. Ao igual que nos demais títulos desta serie, Emmanuelle Tchoukriel realizou as ilustracións, nas que destaca o realismo na representación dos animais e a mestría no uso da acuarela, xogando coas transparencias.
Un álbum científico e instrutivo, asequible a lectores de todas as idades, para afondar no coñecemento da biodiversidade e sensibilizar sobre a necesidade de preservar a natureza.

Otros idiomas:
Colección: Inventarios ilustrados
Edad recomendada: A partir de 6 años
Páginas: 48
Tamaño: 21,5 x 30
ISBN: 978-84-15250-76-0