Inventario ilustrado das árbores
Frondosas, coníferas, palmeiras. Árbores de todo o mundo nun compendio interdisciplinar que abranque aspectos científicos, ecolóxicos e simbólicos, con ilustracións de estilo naturalista.
«Inventario ilustrado das árbores» reúne preto de 60 especies arbóreas europeas e do resto do mundo: frondosas, coníferas, palmeiras. Ademais dun sinxelo vocabulario ilustrado relacionado cos distintos tipos de follas, bosques e cortizas, as autoras detallan o nome científico de cada planta, a altura e a lonxevidade que pode acadar, entre outros datos, que acompañan con debuxos de detalle das flores ou dos froitos, e dos animais que frecuentan esas árbores.
As ilustracións son de estilo científico, representadas coa precisión dos naturalistas de antano: perfís feitos con rotulador e tinta chinesa, e acuarelas que favorecen o xogo de cores e transparencias para reflectir as texturas e as tonalidades.
Un libro que ademais do contido técnico, tamén incide na función ecolóxica dos bosques, no factor socioeconómico do sector madeireiro, así como da importancia simbólica e poética desta vexetación.

Otros idiomas:
Colección: Inventarios ilustrados
Edad recomendada: A partir de 6 años
Páginas: 72
Tamaño: 21,5 x 30
ISBN: 978-84-15250-64-7