Inventario ilustrado das aves

Aladjidi, Virginie Tchoukriel, Emmanuelle Traducción: Fernando Moreiras

Dende o pingüín ao colibrí, da andoriña ao merlo... unhas 80 especies de paxaros aniñan, voan e chían nestas páxinas repletas de coloridas plumas.

Das máis de 10.000 especies de aves que hai no mundo, este libro recolle 80: dende o pingüín ao colibrí, da anduriña ao merlo, da curuxa ao pelícano… Ademais dun pequeno vocabulario ilustrado sobre a súa morfoloxía, descríbese a plumaxe de cada especie, peculiaridades da súa alimentación, ou curiosidades sobre os seus hábitos de apareamento, entre outros detalles sorprendentes, como o chío que fan ao cantar. Tamén se achegan datos relativos ao tamaño e á envergadura media de cada ave para comparalas entre si.

Como en todos os volumes desta colección, as ilustracións son de estilo científico, representadas coa precisión dos naturalistas nos antigos cadernos de campo: perfís feitos con rotulador e con tinta chinesa, e acuarelas de fermoso colorido que ofrecen unha imaxe sutil e poética destas evocadoras criaturas.

Un libro atractivo non só pola vistosa representación gráfica das aves, senón tamén polos contidos técnicos -asequibles e informativos- sobre uns animais que aniñan, voan e pían nestas páxinas repletas de penuxe.
Leer más
Leer menos
18,00 €