Inventario ilustrado dos mares

Aladjidi, Virginie Tchoukriel, Emmanuelle Traducción: Fernando Moreiras

Unha sinxela e práctica guía da rica biodiversidade mariña que reúne un centenar de animais e plantas, algúns en perigo de extinción. Unha obra que fomenta a curiosidade e a sensibilización de nenos e de adultos polo medio natural e a súa conservación.

«Inventario ilustrado dos mares» é un álbum de divulgación científica que reúne un cento de animais e plantas pertencentes á rica biodiversidade mariña, algúns dos cales, como o peixe serra ou o atún vermello, están en perigo de extinción. Crustáceos, moluscos, peixes, mamíferos e outras especies conforman esta guía sinxela e práctica que, sen ser exhaustiva nin técnica, é un interesante material de aprendizaxe e de consulta arredor dun ecosistema do que aínda quedan milleiros de seres descoñecidos por incorporar ao Censo da Vida Mariña. Virginie Aladjidi identifica cada un co seu nome común e científico, coa categoría que lle corresponde e cunha descrición. Emmanuelle Tchoukriel represéntaos con ilustracións precisas e naturalistas feitas con rotring e tinta chinesa, e coloreadas con acuarela. O resultado evoca os gravados dos antigos exploradores.

Un libro que -xunto cos demais títulos que conforman a serie Inventarios ilustrados, das mesmas autoras- fomenta a curiosidade do lectorado infantil e adulto polo medio natural e, polo tanto, a súa conservación.
Leer más
Leer menos
18,00 €