Feliz idade

Versos dun presente puro e esperanzado que tenden pontes interxeracionais, entre pasado e futuro. Neta, filla e nai recreando -con lume libertario- un mundo rural, telúrico e ancorado na patria. Ilustración de cuberta de DIN MATAMORO

Con «Feliz Idade», Olga Novo tende unha mecha desde a xeración que a precedeu á que lle segue; entre o onte e o mañá da estirpe, alén do pasamento do pai e da nenez da filla. Nese punto, no territorio puro e esperanzado do presente, estes versos ofrécennos o avanzar dun lume libertario ao que os seus lectores asistimos enmeigados e pampos. É cando a palabra se vai recreando, co seu devir, no mundo rural, telúrico e bíblico da Terra á maneira de John Berger, nas lonxitudes dun discurso incesante, ao Walt Whitman, e nas múltiples luzadas que soamente poden aparecer desde o preliterario, ao xeito de Rosalía de Castro.

Canda moitos outros confrades e parceiros electivos (Dylan Thomas, Anaïs Nin ou Luís Pimentel, ademais da enxurrada desbordada do surrealismo), a deste libro é tamén unha poesía sinestésica, ancorada na patria dos que saben amarse con tolemia incondicional.
Leer más
Leer menos
15,00 €