As iluminacións
Esta edición bilingüe celebra a importancia deste poeta imprescindible que abriu as portas á nova poesía do século XX. Ilustración de cuberta de MIGUEL GALANO
O territorio da exploración dos abismos gañado por Rimbaud para a poesía márcano dúas mouteiras: 1873 e 1886. No primeiro deses anos saíu Une saison en enfer. Un disparo co que Verlaine lle acertou nunha man selara xa a ruptura definitiva entre ambos, e a nai do autor pagou a factura dunha imprenta de Bruxelas, que despacharía cincocentos exemplares. O outro ano de referencia, 1886, é o da publicación de Les Illuminations, escritas tamén no tempo da montaña rusa afectiva con Verlaine, que é quen esa vez se fixo cargo dunha edición de dous centos de copias.
Rimbaud, afeito a que os sitios que ocupa o expulsen («como se tivesen mans», dixo Jacques Rivière), está daquela en Harar e a súa obra non obtén un eco inmediato porque a súa é unha alma soa no tempo, pero lanza unhas sementes que, no futuro, abrollarán nos textos dos seus netos surrealistas e dos bisnetos da Beat Generation.
Anxo e demo, nega por un igual os valores revolucionarios e os burgueses, e a posteridade encargarase de outorgarlle resplandores novos aos lóstregos da súa cólera. Esta edición bilingüe contra coa esmerada tradución ao galego de Tamara Andrés e Oriana Méndez.

Colección: Poesía
Edad recomendada: Lectores expertos
Páginas: 128
Tamaño: 14,5 x 21
ISBN: 978-84-19213-46-4
Premios : XXII PREMIO DE TRADUCIÓN PLÁCIDO CASTRO 2023