A viaxe de mamá
Cando mamá se ausenta por traballo, a casa non arrecende a flores e é papá quen coida en solitario do pequeno elefante. A maleta, o aeroporto, a despedida..., todo un proceso ata que mamá á fin regresa.
Tralo éxito de “Mamá” (VI Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado), Mariana Ruiz Johnson preséntanos neste novo álbum a experiencia dunha nai que ten que ausentarse durante un tempo do fogar por motivos laborais. “A viaxe de mamá” abarca todo o proceso: a preparación da equipaxe, a despedida no aeroporto, os cambios na rutina doméstica, a comunicación a distancia grazas aos avances da tecnoloxía e o retorno á casa. A través dun sinxelo relato en primeira persoa, asistimos á evolución nas emocións do fillo pequeno, que pasa de extrañar a presenza, a voz e mesmo o arrecendo da súa nai, a descubrir o día a día na compaña do pai.
Os personaxes desta historia son animais humanizados que se moven en escenarios próximos aos lectores, representándoos con tons cromáticos suaves e cálidos. Más aló do texto, as ilustracións tamén permiten apreciar os sentimentos dos membros da familia, pasando da preocupación e da inseguridade inicial, á normalidade, o que finalmente depara unha vivencia enriquecedora para todos. En suma, un álbum co que moitas familias se sentirán identificadas, pola empatía cos seus protagonistas.

Otros idiomas:
Colección: Obras de autor/a
Edad recomendada: A partir de 3 años
Páginas: 32
Tamaño: 22 x 22
ISBN: 978-84-8464-992-2