Contos para nenos que dormen deseguida
28 contos que sorprenden pola súa brevidade, orixinalidade e sentido do humor.
Os contos para antes de durmir han de ser curtos; non como aquel conto tan longo que, cando se acababa de contar, xa era hora de que o neno fose ao colexio. Ou aquel tan longo no que os nenos quedaban durmidos pola metade e logo tiñan que soñar o final. Aínda que o conto máis longo que coñecemos é tan longo que cando se remata de contar, o neno xa é adulto. Estes 28 relatos destacan pola súa brevidade e agudeza narrativa, os xiros literarios e o gran sentido do humor. Son historias baseadas no nonsense que apostan pola orixinalidade e a chiscadela intelixente. Partindo da sinxeleza, sorprenden os lectores con cambios inesperados no curso dos acontecementos e finais que debuxan sorrisos, deixando un pouso de lectura gratificante, sacudindo a creatividade e invitando á reflexión.
Como debuxante e paisaxista, David Pintor convértese en captor de momentos e situacións hilarantes, no intérprete visual do talento literario de Carlos López. O resultado son estampas de liñas sinuosas e cheas de colorido, polas que perder a ollada e soñar con saltar ao plano do papel para percorrer os seus recunchos e ser partícipe das aventuras que transcorren nelas.
As ilustracións foron seleccionadas para a Mostra de Ilustradores da Feira Internacional do Libro Infantil-Xuvenil de Boloña 2011 e para a Bienal de Ilustración de Bratislava 2011.

Otros idiomas:
Colección: 7 Leguas
Edad recomendada: A partir de 6 años
Páginas: 64
Tamaño: 15 x 23,5
ISBN: 978-84-8464-700-3
Premios : THE WHITE RAVENS - 2011
PREMIO XOSÉ NEIRA VILAS AO MELLOR LIBRO INFANTIL - 2010 (AGE)
MELLOR LIBRO INFANTIL E MELLOR PORTADA - 2010 Fervenzas Literarias)