27 historias para tomar a sopa
Aínda que á sopa lle falta sal, sempre a poderemos facer máis apetecible contando unha historia e, se son 27, terá moito mellor sabor...
A apaixonante historia da máquina de saltos-xira-balanceadoratocabuguinas, os gustos culinarios das vacas, o temor a voar dunha bolboreta recén nacida ou a xenerosidade dun esquío cunha familia de ratiños campestres son algúns dos relatos breves -pero de intenso sabor- que vai debullando unha nai para abrir o apetito do seu fillo. As narracións humorísticas de Ursula Wölfel complétanse coa sorprendente proposta gráfica de Pablo Bernasconi, de luminoso colorido, coas técnicas da colaxe e da fotomontaxe. Para tomar a sopa, ir á cama, bañarse... calquera actividade volverase irresistible se a precede algún destes contos, de linguaxe sinxela.
O gato que comía flan de chocolate, a lebre que salvou as demais dos cazadores grazas á agudeza das súas grandes orellas, os avatares dun coche de xoguete que caeu nas galerías subterráneas dunha toupa... Úrsula Wölfel amosa neste libro -o primeiro dunha divertida serie- a súa habilidade para conectar coa sensibilidad infantil e captar a súa atención.

Otros idiomas:
Colección: 7 Leguas
Edad recomendada: A partir de 8 años
Páginas: 72
Tamaño: 15 x 23,5
ISBN: 978-84-8464-494-1