A cociña de Toto Murube
Palabras que alimentan non só o estómago, senón tamén a intelixencia. Pasou de vagar polas rúas a converterse no prestixioso cociñeiro dun restaurante creativo. Que hai de menú? Cocido de madroños, gravatas á prancha, peras en verso...
		Toto Murube non tivo sorte na vida; de condición humilde, non puido estudar, nin sequera aprendeu a ler. Quizais por iso era un mendigo máis a vagar pola gran cidade. Algunhas noites, mentres durmía no chan do caixeiro dun banco, soñaba que a súa sorte cambiaría e que chegaría a comer o mundo. Que inxenuo, verdade? Aínda que… ás veces, a realidade supera ata os mesmos soños. Despois de “Sopa de soño”, José Antonio Ramírez Lozano volve apostar pola gastronomía das palabras e da imaxinación cunha divertida historia ambientada nun contexto que non é alleo ás adversidades do noso tempo. No restaurante máxico de Toto Murube non hai garfos nin culleres, nin fumes nin restos de comida. As súas receitas sacian e alimentan a fame do mundo enteiro: ensalada de etiquetas, filetes de capricornio, peras en verso... Menús insólitos e saudables que fortalecen a creatividade dos comensais/lectores. 
Pablo Otero acompaña este exótico recetario cunhas ilustracións sinxelas que xogan coa cor, coa xeometría e co alfabeto.
	
	
	Pablo Otero acompaña este exótico recetario cunhas ilustracións sinxelas que xogan coa cor, coa xeometría e co alfabeto.
Otros idiomas:
                            Colección: 7 Leguas
                                        Edad recomendada: A partir de 8 años   
                                        Páginas: 64
                                        Tamaño: 15 x 23,5
                                        ISBN: 978-84-8464-788-1
                    
         
 
         

