A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza

Holzwarth, Werner Erlbruch, Wolf Traducción: Meyer, Franc

Pode pasarlle a calquera, pero un día saíu do tobo e alguén lle fixo aquilo na cabeza. Quen sería? A pomba, o cabalo, a lebre?

A toupiña saía do seu tobo e algo lle caeu na cabeza, a modo de pucho cheirento. Daquela, percorrerá todo o campo investigando -moi indignada- cal dos animais que alí viven lle fixera semellante agravio: a pomba, o cabalo, a lebre... Este clásico contemporáneo que leva máis de 30 anos acompañando as nenas e os nenos, ten recibido recoñecementos tan importantes como o Premio Alemán de Literatura Infantil, traduciuse a máis dunha vintena de linguas e publicouse en numerosos países.

Un conto simpático e escatolóxico que provoca gargalladas e fai que os lectores empaticen coa toupiña, ferida no seu orgullo. Nenos e maiores terán, con esta historia, a visión dun tema tan natural coma a vida mesma e que, sen embargo, non sempre aparece nos libros.
Leer más
Leer menos
16,00 €