Facer dedo

Karsten, Guilherme Traducción: Xosé ballesteros

Un divertido conto rimado e acumulativo que discorre sobre rodas. Unhas rodas que non resultan robustas abondo para soportar o peso de tantos e tan dispares e rocambolescos compañeiros de viaxe.

«Facer dedo» é unha historia disparatada, unha aventura chea de humor e situacións hilarantes que transcorre a bordo dun automóbil ao que se van incorporando peculiares pasaxeiros. Un texto rimado presenta a un surfista que se prepara para ir á praia coa súa táboa. A medida que avanza no seu traxecto pola cidade vai recollendo (ou non) a diversos personaxes, cada cal máis insólito: un mergullador, un super heroe, un caimán… e mesmo coñecidos protagonistas de conto saen ao seu encontro. Cada novo compañeiro de viaxe non só achega o seu propio macuto, senón tamén unha cualidade característica, que se suma ao carrusel de emocións que vai experimentando o paciente condutor a medida que o seu vehículo se enche dos ocupantes e dos obxectos máis inesperados. O resultado deste libro de Guilherme Karsten é un relato acumulativo, con moito ritmo e sonoridade, e cun esquema circular que culmina nun final sorprendente e aberto.

A proposta gráfica, que transcorre de forma liñal, destaca polo colorido das escenas e polos contrastes cromáticos no marco dunha estética urbana, alegre e desenfadada.
Leer más
Leer menos
16,50 €