O deus das pequenas cousas
Fermosa historia de tres xeracións dunha familia da India desperdigada polo mundo e que volven atoparse na súa terra natal, revivindo a súa memoria colectiva.
Ilustración de cuberta: Adrià Fruitós.
«O deus das pequenas cousas», debut literario de Arundhati Roy en 1997, é a historia de tres xeracións da familia Ipe, marcada polo amor prohibido e a morte. En 1969, Ammu abandona o seu marido, alcohólico e maltratador, e marcha á casa familiar en Kerala, no suroeste da India, cos seus fillos xemelgos, Rahel e Estha. Como muller divorciada, é considerada unha paria, mesmo por parte da súa propia familia. A súa situación empeora cando rompe as estritas normas sociais ao namorarse dun dalit, un intocable. Vinte e catro anos despois, Rahel regresa a Kerala coa intención de reencontrarse co seu irmán, o que a leva a rememorar unha historia familiar que condicionou as súas vidas nun país marcado polo choque entre tradición e modernidade. Esta engaiolante saga familiar ten carácter semiautobiográfico; a autora inspirouse nas experiencias da súa nenez en Aymanam. Trátase dunha poderosa historia de historias na que se mesturan paixón e traxedia, maxia e misterio, rachando tabús, loitando pola xustiza e curando a dor causada pola perda da inocencia, o peso do pasado e as aristas do presente. Arundhati Roy foi comparada con García Márquez e Rushdie pola súa prosa exquisita e polo pulso narrativo desta novela que bebe do realismo máxico: de como as pequenas cousas da vida se acumulan, se traducen ao comportamento humano e repercuten nas persoas.
Ademais de presentar unha profunda e poética análise das raíces da India, a lectura atrapa dende as primeiras páxinas pola calidade imaxinativa e a súa intensidade moral, pola axeitada recreación do mundo infantil -xogos, medo, esperanza- e pola reacción dos personaxes ante os horrores que experimentan.
Ademais de presentar unha profunda e poética análise das raíces da India, a lectura atrapa dende as primeiras páxinas pola calidade imaxinativa e a súa intensidade moral, pola axeitada recreación do mundo infantil -xogos, medo, esperanza- e pola reacción dos personaxes ante os horrores que experimentan.
Colección: Narrativa K
Edad recomendada: Lectores expertos
Páginas: 464
Tamaño: 13,5 x 20,5
ISBN: 978-84-16721-94-8
Premios : PREMIO BOOKER 1997
Libros relacionados
Comprueba los artículos para añadir a la cesta o