As miñas nanas negras
Dende o Chocó colombiano, contos festivos e musicais protagonizados por mulleres que senten o ritmo no corpo: boca, corazón, cadeiras... Ilustración de cuberta de ADRIÀ FRUITÓS
“As miñas nanas negras” recompila 25 contos cos que a autora lle rende homenaxe á narración oral da súa rexión natal, o Chocó colombiano, situado entre o Caribe e o Pacífico. Cada historia -que rescata da memoria da nenez- é un canto alegre á vida, partindo do ritmo e do baile como principais argumentos. As protagonistas destes relatos imaxinativos son mulleres de raíces afrocolombianas nas que ese ritmo vai asociado a unha parte concreta do corpo: a boca, o corazón, as nádegas, as cadeiras… Sensualidade e elegancia son os sinais de identidade destes textos festivos, contados orixinalmente no dialecto chocoano que se fala no norte do litoral pacífico, e recuperados por escrito para que as lectoras e lectores de calquera parte do mundo poidan imaxinar ese abano de movementos, descritos con palabras tropicais e envolventes.
Amalia Lú Posso Figueroa transporta o público ata a selva e os ríos turbios do Chocó para facelo partícipe do deleite sensorial, dos sabores e das sonoridades que se poden atopar nese paraíso, incitándoo a erguerse e a danzar ao pulso dos tambores e das chirimías típicos dese territorio.
Con esta obra ten participado en numerosos festivais por todo o mundo, nos que a autora conta que o seu libro non é un estudo etnográfico da cultura negra do Chocó, senón un intento por rescatar a memoria oral desa rexión, onde a pel dos seus habitantes é negra, onde a terra é fértil, e os días transcorren coa cadencia das nanas.

Colección: Narrativa K
Edad recomendada: Lectores expertos
Páginas: 192
Tamaño: 13,5 x 20,5
ISBN: 978-84-16721-35-1