A memoria da árbore

Vallès, Tina Traducción: Xavier Rodríguez Baixeras

Que os avós vaian vivir con Jan e cos seus pais non resulta ser tan boa noticia. Unha historia entrañable na que as palabras e os silencios adquiren novos matices. Paseos, árbores e letras entretecidos nos recordos. Ilustración de cuberta de ADRIÀ FRUITÓS

«Podo poñerme contento?», pregunta Jan cando lle contan que o avó Joan e a avoa Caterina van ir vivir con el e cos seus pais. Porque Jan intúe que algo pasa, que o feito de seren cinco na casa non é tan boa noticia. Será un cambio que vai alterar o día a día de toda a familia; a partir dese momento, as palabras e os silencios terán novos matices na vida cotiá. Pero o rapaz ten o seu propio mundo, cheo de paseos, árbores e letras. Mentres os adultos fan o posible para manter a normalidade, Jan estará atento a todos os detalles que o rodean para fialos e intentar comprender a nova situación. As conversas entre o neto e o avó, con preguntas sen respostas e respostas sen pregunta, constrúen un mosaico de escenas sobre o que avanzará a relación entre os dous. A presenza constante dun salgueiro chorón será o fío condutor desta historia sobre a importancia da memoria.

“A memoria da árbore” sitúanos na pel do neno para achegarnos aos lazos de transmisión dos recordos, ao longo proceso no que se constrúe esa bagaxe vital de lembranzas, pensamentos e emocións, e ás circunstancias que rodean a perda dese valioso caudal inmaterial. Trátase dunha novela conmovedora e fermosa, feita dende a sinxeleza e a sutileza narrativa, mais con frescura e cunha gran ambición no pouso lector que deposita.
Leer más
Leer menos
17,00 €