Tempo transfigurado

A música, compás duns versos que evocan o amor e a súa ausencia, e as ausencias dos seres amados. Memoria sentimental, aprendizaxe da soidade, camiño interior dende a nenez ata o confín dos días.

Ilustración de cuberta de BELÉN PADRÓN

Con este libro o autor emprende -e convídanos a facela con el- unha viaxe arredor da música, unha arte fráxil mais tamén poderosísima. Unha arte, asemade, indócil á representación. Velaí, por tanto, a obriga de convocar alusións: os instrumentos (sen esquecer o primeiro deles, a voz humana), as obras que teceron e tecen a banda sonora da humanidade (ese ronsel de loairas), mesmo as biografías dos grandes compositores (un elenco ao servizo do milagre). Todo iso, canda a pegada das persoas ás que o autor amou, e que quizais o amaron, fai deste un volume de sentimentos e sensacións que xa foron. É dicir, un volume de aceptación de orfandades, cando o amor debe existir mesmo xa sen amantes. Cando o camiño interior se converte nunha aprendizaxe da soidade. Cando alguén desprega nos poemas todos os dispositivos dunha intelixencia introspectiva... É aí onde xorde o canto das sereas.
Leer más
Leer menos
15,00 €