Cervatos

Un mundo urbano, nocturno e inhóspito -mais arraigado na aldea- agroma nestes versos cheos de músicas e imaxes, próximos á estética do videoclip e con influencias da cultura kitsch. Beleza efémera, poética híbrida. Ilustración de cuberta de CARMEN HERMO

A obsesión pola beleza do efémero, dos obxectos superfluos e das atmosferas kitsch está na cerna deste volume. Compóñeno versos lanzados desde o lugar estético do videoclip e, por tanto, xenerosos en golpes de música e imaxes. Son reflexo dun mundo urbano, nocturno e inhóspito. Mais tamén o espello dunha realidade mutuamente contaxiada pola lentitude da aldea, porque a destas páxinas é unha voz poética híbrida, irmá da mestizaxe, filla das marxes e neta da periferia. E aparece a técnica da colaxe e o recurso ao enxerto, no hábitat do fragmentario. Todo iso ao servizo dunha crítica á posmodernidade que non exclúe, asemade, a adicción aos seus ouropeis. E aparecen Brancaneves sinistras, Alicias marabillosas e algún Peter Pan a unha bocalada de se perder para sempre.

Porque somos, tras a defunción dos grandes relatos, seres ensarillados no amor e nos seus xogos. Cervatos alleos -na distracción e a fraxilidade- ao teimudo, fascinante e implacable paso do temp
Leer más
Leer menos
15,00 €