Carta a un profesor mozo

Meirieu, Philippe Traducción: Henrique Harguindey

Unha das personalidades máis destacadas da actualidade en Francia no campo das Ciencias da Educación dírixese reflexivamente a futuras mestras e mestres, alentándoos exercer esta profesión dun xeito responsable, creador e feliz. Fotografía de cuberta de VICENTE BLANCO

Philippe Meirieu é unha das personalidades máis destacadas da actualidade en Francia no campo das Ciencias da Educación. Recoñecido polos seus textos e intervencións públicas en favor dunha visión progresista da escola e da educación, nesta “Carta a un profesor mozo” reflexiona sobre o oficio dos profesores na actual sociedade e aborda cuestións da formación deste gremio nas súas diversas vertentes: deontoloxía, ética, desenvolvemento cultural e didáctico, claves cidadás... Redactouna en 2005, recén chegado ao cargo de director do Instituto Universitario de Formation de Maîtres de Lyon. Trátase dun ensaio para o profesorado máis novo con indicacións que van dende a acción docente entendida como parte de proxectos conxuntos a escala de centros, ata a existencia de proxectos de centro enfocados ao alumnado, pasando pola convición de que a educación debe ser inclusiva, consideracións sobre as avaliacións, a necesidade de traballar con esixencia, ou o funcionamento das escolas como institucións abertas á cidadanía.

A calidade didáctica e a súa intensa participación nos principais debates sobre a orientación dos programas de educación en Francia afloran nas páxinas do libro: lectura imprescindible construída con vigor intelectual. O propio autor asina un limiar redactado especificamente para esta edición en galego.
Leer más
Leer menos
14,00 €