Bechopoemas e outras bestas
Voan, nadan, reptan e ruxen poeticamente. Nestes versos divertidos e rebuldeiros habitan coñecidas criaturas que nos sorprenderán co seu enxeño e orixinalidade.
Os protagonitas de «Bechopoemas e outras bestas», galardoado co Premio Euskadi de Literatura 2017 e co Premio Kirico 2019, son coñecidas criaturas -dende a curuxa ao león, pasando polo polbo ou a serpe- que habitan na terra, na auga e no aire. Agrupadas en versos “voadores”, “acuáticos”, “reptadores” e “ruxidores”, a rima lúdica e o ritmo pegadizo destas composicións invitan a ser recitadas e cantadas colectivamente, en familia ou nas aulas. Estes versos destacan pola súa musicalidade, as onomatopeas que reproducen os sons dos animais e xogos de palabras a base de concatenacións, diálogos poéticos, acrósticos, repeticións e outros recursos literarios. A diversión e o sentido festivo da poesía están servidos nestas páxinas, onde tamén se presentan aspectos da vida cotiá con imaxinación, enxeño e sentido do humor.
As ilustracións son un insólito e orixinal colaxe con aplicacións de papel, tipografías e fotos, manchas de intenso colorido que contrastan co bitono predominante, pegadas dixitais estampadas con tinta, debuxos e garabatos elaborados con lapis de cores que transforman e descontextualizan os obxectos ata extremos surrealistas. Son imaxes de contido simbólico que contribúen a que as lectoras e os lectores desenvolvan a súa creatividade e participen mesmo do proceso artístico deste peculiar bestiario.

Otros idiomas:
Colección: Poesía Ilustrada
Edad recomendada: A partir de 6 años
Páginas: 64
Tamaño: 15 x 23,5
ISBN: 978-84-8464-489-7
Premios : PREMIO EUSKADI DE LITERATURA 2017
PREMIO KIRICO AO MELLOR LIBRO INFANTIL E XUVENIL 2019
3º PREMIO NACIONAL AO LIBRO MELLOR EDITADO (LIX) 2019