Bailar nas nubes

Starkoff, Vanina Traducción: Manuela Rodríguez

Ata os soños máis remotos se poden facer realidade. Mentres os perseguimos, aprendemos sobre multiculturalidade e convivencia, rodeados do colorido deste álbum que bebe das fontes do folclore latinoamericano.

A través do soño dunha nena que desexa bailar coas nubes, este libro reflexiona sobre a importancia do intercambio cultural e do respecto entre persoas de diferentes procedencias. As súas páxinas, nas que se aprecia unha presenza constante do folclore latinoamericano, contan a historia dun pobo que vai crecendo co paso do tempo, con novos habitantes que constrúen fogares e comparten experiencias colectivamente. Dende o punto de vista artístico, “Bailar nas nubes” é un álbum de estilo naïf e étnico, con ilustracións luminosas, exóticas e rebordantes de colorido. O texto, de frases breves e descritivas, ten un enfoque acumulativo: con cada novo veciño, a comunidade enriquécese en costumes, músicas e aromas.

Conceptos como mestizaxe, tolerancia, convivencia e multiculturalidade sobrevoan esta obra, finalista do III Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado. E como á nena protagonista, tamén lles dá ás aos lectores para que non deixen de perseguir os seus propios soños.
Leer más
Leer menos
16,50 €