Amelia quere un can

Bowley, Tim Neves, André Traducción: Isabel Pita

Os caprichos de Amelia teñen un tamaño directamente proporcional á súa astucia porque, ante a negativa dos maiores, que mellor estratexia que pedir o imposible? Unha historia de insólitas mascotas a proba de rapaces.

Ás veces é preciso dar un rodeo para conseguir unha meta; non sempre o camiño máis curto entre dous puntos é a liña recta. É a estratexia de Amelia cando se lle ocorre adoptar un can. Dende unha águia a unha balea, pasando por un cabalo ou un elefante, os intentos de Amelia por convencer o seu pai son cada vez máis disparatados. Ademais dunha divertida historia sobre o pillabáns que poden ser os cativos e evidenciar a pouca atención que os adultos lles prestan ante asuntos aparentemente banais, o relato destaca pola súa estrutura acumulativa e os elementos repetitivos. Recorrendo a estes esquemas propios da literatura oral, conséguese captar a atención dos lectores.

Unha obra de moito colorido e cunha proposta estética a base de técnica mixta e collage, para achegar os nenos ao concepto de responsabilidade propia das obrigas que supón coidar dunha mascota, orientando sobre que animais son susceptibles de ser domésticos e cales, polo seu carácter salvaxe, deben vivir en liberdade.
Leer más
Leer menos
14,00 €