Orellas de bolboreta

Aguilar, Luisa Neves, André Traducción: Manuela Rodríguez

Mara é especial e nada nin ninguén conseguirá restarlle valor ás súas calidades porque a súa nai lle deu a clave para saír airosa de calquera crítica: autoestima, imaxinación e espontaneidade.

Ter as orellas grandes, o pelo rebelde, ser alto ou baixo, fraco ou gordecho... Ata a característica máis nimia pode ser motivo de parodia entre os nenos. Cómpre un libro para demostrarlles que eses comportamentos son reprobables. Especialmente aos que son sinalados polos demais, a mensaxe que transmite este relato é que convertan en positivo aquilo que para outros sexa motivo de mofa. Porque as características que nos diferencian hai que poñelas en valor para que nos distingan como seres especiais e únicos. Recoñecer e mesmo reivindicar a diferenza fainos fortes, aceptándonos como somos e reforzando a nosa personalidade.

A figura materna destaca como referente vital da protagonista, que contesta os comentarios dos nenos seguindo os consellos da súa nai: o que outros ven como un defecto, para Mara é unha vantaxe da que os demais carecen.

Luisa Aguilar é a autora deste texto sinxelo, cheo de sensibilidade e de forza literaria, que nos transporta a un mundo de formas, cores, emocións e sentimentos. As fermosas ilustracións de André Neves destacan polo seu colorido e pola riqueza na combinación de elementos téxtiles, aplicacións de papel e cálidas texturas.
Leer más
Leer menos
14,00 €