Xaime e as landras
Xaime prantou unha landra que xerminou e creceu, pero… non todas as landras prantadas chegan a ser árbores.
Así comeza unha sucesión de escenas narradas de forma áxil, breve e repetitiva; unha técnica recorrente nos contos para primeiros lectores e de grande utilidade para a súa narración oral, implicando o público infantil. Xaime non se rende ante as adversidades e planta non unha, senón moitas landras. Non se desanima cando os animais esmagan ou comen os gromos; cando os nenos estragan a árbore incipiente nin cando os madeireiros a tallan ao facerse robusta... Porque ao final, unha das landras de Xaime converterase co tempo nun carballo forte que dea… máis landras.
Historia circular e cíclica, que cando acaba pode volver empezar. Como cada árbore que bota raíces tras superar incalculables vicisitudes, tralo conto de Tim Bowley subxacen mensaxes como a perseverancia na loita por acadar unha meta. Unha narración sinxela e tenra, que trata sobre a vida mesma e as súas circunstancias.
As ilustracións de Inés Vilpi son un complemento ideal, achegando colorido, calidez e sensibilidade.

Otros idiomas:
Colección: Obras de autor/a
Edad recomendada: A partir de 3 años
Páginas: 48
Tamaño: 22 x 22
ISBN: 978-84-8464-532-0