Aínda nada?

Voltz, Christian Traducción: Xosé Manuel González Barreiro

Na vida hai que ter moita paciencia para todo. E iso nos amosa Don Luis todos os días, mentres rega a súa semente e agarda que xermine.

O protagonista desta divertida historia cava un burato na terra, deposita unha semente e volve un día tras outro -ante a expectante ollada dun paxaro- co desexo de ver medrar a flor que nacería do gran. Aínda nada?, preguntábase cada mañá o señor Luís, ao ver que nada agromaba. Ata que un bo día... “Aínda nada?” é un texto sinxelo cunha gran mensaxe que invita á reflexión: o valor da paciencia e da perseverancia para situarnos no mundo. A través do proceso de xerminación dunha semente e do crecemento da planta, Christian Voltz constrúe -con humor e cunha pincelada de tenrura- unha metáfora da vida cotiá, coas súas satisfaccións e frustracións.

As súas orixinais ilustracións están feitas con materiais reciclados como papel e arame, xogan coa combinación de elementos planos e en relevo, e aderézanse con xogos tipográficos. Sinxelas, mais non simples, resultan moi atraentes, suxestivas e expresivas.
Leer más
Leer menos
14,00 €