Eu non fun!

Voltz, Christian Traducción: G. Tolentino

Un ecosistema doméstico agredido. Unha hilarante historia, encadeada e circular, para atopar o verdadeiro causante do problema.

...E de súpeto, catapum! A granxeira sofre un inesperado percance, pero... nin a vaca, nin o burro, nin o porco, nin o cadelo, nin o gato, nin o pito, nin tampouco o mosquito, asumen a autoría do sucedido. Daquela, a responsabilidade do desastre... de quen é? Nesta divertida e disparatada historia, de estrutura encadeada e circular, e que destila grandes doses de humor, proponse unha irónica reflexión sobre a culpa. Cunha galería de personaxes delirantes, Christian Voltz métenos de cheo no seu imaxinario particular, construído cun collage de fibras téxtiles, aramios, chapas, madeiras e outros materiais reciclados.

O autor tamén xoga coa tipografía para enfatizar a sonoridade de determinadas palabras. A distribución poética do texto evidencia a suma de elementos encadeados e de repeticións, propios do retrouso.
Leer más
Leer menos
14,00 €