A nota

Pasando de mano en mano, un misterioso mensaje va extendiéndose por todo el barrio. Una emocionante y divertida historia en formato desplegable, repleta de posibilidades creativas.

Unha nota de contido descoñecido vai pasando dunha persoa a outra e, nese constante cambio de mans, imos coñecendo o barrio onde transcorre esta emocionante e divertida historia: os edificios, as rúas, a escola, o médico, o parque e mesmo o subsolo… e, ademais, os seus habitantes: nenos, nais, anciáns, traballadores de diferentes oficios… como tamén as distintas formas nas que a nota vai compartindo e espallando a súa intrigante mensaxe. Neste libro de formato despregable as ilustracións de Daniel Montero Galán amplifican o texto de Pilar Serrano Burgos, facéndonos partícipes da vida da veciñanza a través de recursos gráficos propios do dinamismo do cómic e do cine. Chea de detalles e de humor, a lectura non se esgota nun único pase, senón que volta tras volta descóbrense novos e sorprendentes achados.

No outro lado da lámina, unha extensa galería de personaxes -mascotas incluídas- permite coñecer as súas calidades, soños, segredos… Unha oportunidade con infinitas posibilidades creativas para continuar, con novos argumentos narrativos, as aventuras alegres e optimistas de «A Nota».
Leer más
Leer menos
16,00 €