A caza do Tiburente

Villán, Óscar Carroll, Lewis Traducción: Alberto Ruiz de Samaniego e Xabier Meilán

A viaxe imposible dunha tripulación improbable para achar unha criatura inconcibible. Unha obra mestra do nonsense na que o épico e o misterioso se mesturan co caótico e o absurdo. Ilustración de cuberta: Mapa do océano extraido da primeira edición de The Hunting os the snark ilustrada por Henry Holiday en 1876

Publicado por vez primeira en 1876, este poema presenta con humor infinito a viaxe imposible dunha tripulación improbable co propósito de achar unha criatura inconcibible. Unha peza mestra do nonsense cun texto enxeñoso, cheo de termos inventados, no que o épico e o misterioso se mesturan co caótico e o deliciosamente absurdo. Unha excelente tradución dunha obra pouco coñecida do gran Lewis Carrol, ilustrada por Óscar Villán, que nos fala da transcendencia de perseguir os soños, aínda que parezan imposibles.
Leer más
Leer menos
14,00 €

Otros idiomas: