A brea de avelaíñas
Ante a perda galopante de biodiversidade que nos afasta da posibilidade de deleitarnos coa beleza da flora e da fauna, unha apaixonada chamada para redescubrir e gozar da natureza, participando activamente na súa defensa e recuperación. Ilustración de cuberta de ADRIÀ FRUITÓS
«A brea de avelaíñas» é unha obra sobre o cambio climático na que o prestixioso ambientalista Michael McCarthy combina lembranzas, anécdotas e datos rigorosos enfocados á urxencia de frear a perda de biodiversidade. A diferenza doutros libros de temática ambiental centrados na información numérica, este manifesto bebe directamente da memoria conmovedora do autor cando, sendo un neno, xurdiu nel a adoración polos paxaros, as bolboretas… A natureza salvouno na infancia, marcada polos problemas familiares. Pero os fenómenos da vida silvestre que antano facíano feliz, foron perdéndose a causa das extincións masivas. Ante o grave problema do empobrecemento ecolóxico e dende a súa veterana experiencia persoal, McCarthy fai unha intensa e contundente chamada a deter esa destrución, desterrar a indiferenza da sociedade e pasarmos á acción, apelando a desenvolver o amor polo mundo natural.
A contaminación, a perda de ecosistemas, a desaparición de especies de fauna e de flora, o quecemento global… son ameazas de gran preocupación que precisan comezar a considerar o medio ambiente como un ben intrínseco, un recurso para a saúde física e mental. Porque entre os dons da natureza resalta a súa capacidade para xerar ledicia, deleite e paz interior cando estamos ao aire libre, admirando a beleza dunha paisaxe ou deixándonos sorprender pola grandeza dos seus detalles. Para Michael McCarthy somos plenamente humanos cando pasamos de ser un individuo máis no planeta a sentir amor e respecto polo mundo natural que nos rodea.

Otros idiomas:
Colección: Vitamina N
Edad recomendada: Lectores expertos
Páginas: 300
Tamaño: 15,5x23
ISBN: 9788416721719