Viaxeiros
Travesías de milleiros de quilómetros ou traxectos curtos, mais perigosos. Unha ducia de animais de todo o mundo protagonizan abraiantes migracións e poñen a proba as súas capacidades, co único fin de sobrevivir.
Este libro permite acompañar os animais que -por terra, mar e aire- realizan as viaxes máis longas e arriscadas. Uns realizan travesías de milleiros de quilómetros, atravesando continentes e océanos, entre onde pasan o inverno e a súa residencia de verán, ou dende as zonas de cría ás de alimentación. Outros fan traxectos curtos pero expoñéndose a toda clase de perigos y vicisitudes. Estes desprazamentos son asombrosas aventuras que poñen a proba a resistencia de cada criatura, a súa obstinada determinación e capacidade de orientación. Todas perseguen o mesmo: procurar sustento aló onde poidan, enfrontarse aos competidores, defenderse das adversidades da contorna… ¡Sobrevivir! Malia que, en moitos casos, as migracións dos animais salvaxes teñen un elevado custo en vidas. “Viaxeiros” reúne a experiencia migratoria dunha ducia de especies que responden á chamada atávica da natureza: dende a carreira temeraria do lemming ata a parsimonia da tartaruga boba, pasando pola heroica remontada do salmón ou a nube colorida que forman as bolboretas monarca.
Coa Árbore da vida como punto de partida, esta obra científica presenta un esquema dos principais grupos do Reino Animal para centrarse nos protagonistas: localización no mundo, hábitat, habilidades físicas... Por último, incorpora fichas técnicas con curiosidades e o seu nivel de conservación no planeta. Este sexto título da serie Animais Extraordinarios segue abraiando non só pola información asequible e interesante que ofrece, senón tamén polas súas espectaculares ilustracións naturalistas.

Otros idiomas:
Colección: Animales extraordinarios
Edad recomendada: A partir de 8 años
Páginas: 32
Tamaño: 24 x 34
ISBN: 978-84-16721-38-2