Ollos
Uns animais ven mellor de día, outros de noite; uns captan movementos imperceptibles, outros ven mesmo mellor que os humanos. O sentido da vista en fauna de todo o planeta.
“Ollos” reúne unha ducia de animais extraordinarios de todo o mundo e permite comparar a súa visión co sentido da vista dos humanos. Millóns de anos de evolución levaron a que os ollos das distintas especies se adaptaran a todo tipo de ecosistemas: ollos que permiten ver mellor de día, ou de noite, captar movementos imperceptibles, recoñecer perigos, capturar presas ou apreciar cores que as persoas non poden nin imaxinar... En resume, sobrevivir. Coa ‘Árbore da vida’ como referencia inicial, esta obra científica sitúa os lectores ante un esquema dos principais grupos do Reino Animal, para centrarse logo nos protagonistas da selección faunística: localización no mundo, hábitat, habilidades físicas e peculiaridades visuais. Por último, incorpora fichas técnicas con curiosidades e o seu nivel de conservación no planeta.
Despois de “Bocas”, “Nacer” (Selección Los + 2009 - Fundación Germán Sánchez Ruipérez), “Construtores” (Premio Ánxel Casal de Non-Ficción 2010 e Selección Los + 2010) e “Ocultos”, este quinto título da colección Animais Extraordinarios segue sorprendendo non só pola información asequible e interesante que ofrece, senón tamén polas súas espectaculares ilustracións naturalistas. A serie continuará con “Viaxeiros”, sobre as migracións máis longas e arriscadas, por terra, mar e aire.

Colección: Animales extraordinarios
Edad recomendada: A partir de 8 años
Páginas: 32
Tamaño: 24 x 34
ISBN: 978-84-15250-98-2