Construtores
Niños sorprendentes, complexas vivendas suterráneas, elaboradas estruturas de caza... Algúns animais son auténticos enxeñeiros no seu habitat.
Un libro instrutivo, ameno, ben estruturado e de gran atractivo visual, que comeza situando o lector ante os diversos grupos de reino animal, con exemplos de cada un. Por terra, mar e aire, de norte a sur, por todos os continentes, selecciona unha serie de animais e ofrece un volume de información ben dosificada sobre as súas características, localización e costumes, centrándose na súa forma de acomodarse no habitat, isto é, de construir o seu fogar. Unha invitación aos lectores para que entren nas casas de certos animais, ás que os humanos raramente temos acceso, nen físico nen intelectual. Esta visita científica e visual polos niños, tobos e goridas máis espectaculares, permitiranos coñecer aspectos da súa que nos deberían mover emocionalmente para comprendelos, respectalos e protexelos. Esta obra, recomendada non só para o eido escolar, senón para todos os lectores interesados no medio ambiente, abriralles as portas ao fascinante mundo dos animais.
“Bocas” e “Nacer” son os outros títulos da serie Animais Extraordinarios.
“Bocas” e “Nacer” son os outros títulos da serie Animais Extraordinarios.
Otros idiomas:
Colección: Animales extraordinarios
Edad recomendada: A partir de 8 años
Páginas: 32
Tamaño: 24 x 34
ISBN: 978-84-96957-79-4
Premios : OS + 2010 (Fundación Germán Sánchez Ruipérez)
PREMIO ÁNXEL CASAL de NON-FICCIÓN (AGE) - 2010
PROGRAMA NACIONAL DE LECTURA (SEP México) - 2014
PLAN NACIONAL DE LECTURA (PNL Portugal)