Un, dous, tres, vampiro ti es

Budde, Nadia Traducción: Xosé Ballesteros

Encadeando inquietantes criaturas e rimando cunha aterradora fauna. Personaxes que, máis que medo, provocan tenrura e fannos sorrir.

Despois do premiado “Un dous tres, que ves?”, esta nova proposta segue apostando pola dimensión lúdica do libro e da lectura, co tándem texto-ilustracións como fórmula para recoñecer palabras e imaxes a través da rima e do ritmo. Este libro presenta un esquema baseado na repetición e o xogo encadeado de personaxes extraños e desgarbados en diferentes situacións e actitudes. Nesta ocasión, a galería de figuras que se asoman a estas páxinas destaca polo seu aspecto aparentemente inquedante: vampiros, pantasmas, monstros e esqueletos súmanse a animais a primeira vista desagradables, perigosos ou asociados á mala sorte como arañas, carrachos, serpes, tiburóns, crocodilos, gatos negros ou morcegos. Con todo, proxectan unha ollada tenra, afectuosa e burleira que nos atrapa e fainos sorrir.

O humor, o colorido dunhas ilustracións de trazos grosos e o formato acartonado con cantos redondeados, convérteno -máis que nun libro- nun obxecto manexable e útil para a diversión e a aprendizaxe, desenvolvendo a capacidad dos pre-lectores e dos primeiros lectores para comunicarse.
Leer más
Leer menos
12,00 €