"CONTOS A CENTOS" CON PACO NOGUEIRAS EN LIBROS PARA SOÑAR

O músico Paco Nogueiras visita o venres día 26 a libraría LIBROS PARA SOÑAR (Triunfo nº1, Vigo) para ofrecer unha sesión de animación á lectura co lema «Contos a centos». O encontro, a partir das 18:00 horas, está dirixido a nenas e nenos a partir de tres anos, que poderán gozar de títulos ben coñecidos do catálogo de KALANDRAKA como «Dó re mi» de Antonio Rubio e Óscar Villán, «Polo camiño» de Mariana Ruiz Johnson, contos tradicionais como «Chibos chibóns» de Olalla González e Federico Fernández, ou clásicos como «Imos cazar un oso» de Michael Rosen e Helen Oxenbury, que Paco Nogueiras narrará con acompañamento musical.

Esta actividade enmárcase nun programa de promoción da lectura que conta co apoio do Ministerio de Cultura e Deportes a través do Plan de Fomento da Lectura 2021-2024.

Paco Nogueiras non só ten unha ampla traxectoria como contador de historias en escolas de toda Galicia. A súa traxectoria como músico, compositor e intérprete suma tres libro-discos publicados por KALANDRAKA: «Brinca vai!» (III Premio Martín Códax da Música na categoría infantil) e «Radio Bulebule» ilustrados por David Pintor, e «Extra!», con ilustracións por Marc Taeger. En abril presentarase o seu próximo proxecto.

January 26 2024

Detalles

Comenzo: January 26, 2024, 6:00 PM
Fin: January 26, 2024, 6:45 PM
Dirección: Triunfo, 1. Vigo

Sede

Libros para soñar, Vigo

+ Google Map