Pfister, Marcus

Pfister, Marcus

(Berna, 1960)

Estudou na Escolade Arte de Berna e empezou a traballar nunha axencia de publicidadecomo deseñador gráfico. Tras viaxar por Estados Unidos, Canadá e México, regresoua Suíza, onde inicioua súa traxectoria como ilustrador. Publicou o seu primeiro libro en 1986 eseis anos despois creou o seu gran éxitointernacional, «O peixe Arcodavella», que se converteu nunhacolección de libros dos que se venderon máis de 30 millónsde copias en todo omundo, ademais de contar cunhaadaptación de debuxos animados para a televisión. Dende entón publicou medio centode libros que foron traducidos a numerosas linguas. Viaxou por Asia, América eEuropa dando a coñecer a súaobra, que se caracteriza polo amplo abano de técnicas ede estilos, dende ashistorias con dous finaisdiferentes ata os libros con páxinas divididas, pasando polas láminas holográficas de «O peixe Arcodavella». Por este título recibiu, entre outros, oPremio Christopher (1992, NovaYork), estivo nominado aopremio Kate Greenaway (1993) e foirecoñecido co premio Critici in Erba(1993) da Feira do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña.

http://www.marcuspfister.ch

1 artículo

Fijar Dirección Ascendente
por página