Silverstein, Shel

Silverstein, Shel
Estudou na Universidade de Illinois e na Facultade de Belas Artes de Chicago. Os seus primeiros debuxos para adultos publicáronse en Pacific Stars and Stripes nos anos 50. Dende 1957 e ata mediados dos anos 70 foi un dos principais debuxantes de Playboy. En 1963 empezou a publicar libros infantís e coleccións de poemas ilustrados. En 1984 recibiu o premio Grammy ao Mellor Álbum Infantil. As súas obras publicáronse en máis de 30 idiomas e vendéronse máis de 20 millóns de exemplares. Paralelamente, desenvolveu outras facetas como músico e compositor -foi nominado ao Óscar e ao Globo de Ouro por unha das súas cancións-, dramaturgo e guionista de cine e de televisión.

1 artículo

Fijar Dirección Ascendente
por página