Montessori, Maria

Montessori, Maria

(Chiaravalle, 1870 - Nordwijk, 1952).


Ademais de educación e pedagoxía, formouse noutros eidos do saber: psiquiatría, antropoloxía, bioloxía, filosofía… Foi a primeira muller italiana graduada como doutora en medicina. En 1907 abriu a primeira “Casa dos Nenos”, que marcou un antes e un despois na educación infantil. As súas innovacións obrigárona a exiliarse da Italia fascista de 1933 porque o totalitarismo adoutrinaba os mozos para obedecer, en vez de favorecer o pensamento e a liberdade. Viviu en España, India e Holanda, onde desenvolveu programas de formación para novos docentes. Foi nominada ao Premio Nobel da Paz en tres ocasións. O Método Montessori xa acadara sona internacional cando, en 1947, María Montessori regresou ao seu país, onde lle encargaron reorganizar as escolas. A Asociación Montessori Internacional, creada en 1929, vela pola integridade e a continuidade do seu legado.

1 artículo

Fijar Dirección Ascendente
por página