Bernasconi, Pablo

Bernasconi, Pablo

(Bos Aires, 1973)

Estudou Deseño Gráfico na Universidade Nacional de Bos Aires, onde tamén foi profesor. Dedícase á ilustración dende 1998. A súa obra publicouse en xornais de todo o mundo. Recibiu premios da Society of Newspaper Design, a Sociedade Interamericana de Prensa e o Arquivo Luezer de Alemaña elixiuno en 2005, 2008 e 2011 entre os 200 mellores ilustradores do mundo. Foi seleccionado para a Bienal de Bratislava e a Feira do Libro Infantil de Boloña. Os seus traballos están recomendados por ALIJA e polo Banco do Libro de Venezuela.

http://www.pbernasconi.com.ar

1 artículo

Fijar Dirección Ascendente
por página