Premio Orihuela


O Premio Internacional Cidade de Orihuela de Poesía para Nenas e Nenos, convocado pola Concellaría de Educación do Concello de Orihuela e KALANDRAKA Editora dende o ano 2008, é un dos certames de creación poética para público infantil máis importantes do panorama actual das letras iberoamericanas: pola calidade das edicións, complementando os textos con ilustracións creadas expresamente para cada poemario; por encadrarse nunha colección consolidada, de deseño atractivo e destinada a unha ampla franxa de lectoras e de lectores; e pola proxección das obras publicadas nas principais feiras internacionais do libro. A súa dotación económica é de 5.000 euros en concepto de adianto polos dereitos intelectuais. O obxectivo desta iniciativa é estimular a creación de poesía destinada ao público infantil e homenaxear a figura do poeta oriolano Miguel Hernández.

BASES PREMIO ORIHUELA 2023

FALLO PREMIO ORIHUELA 2023