Blake, Quentin

Blake, Quentin

(Sidcup, Kent, Inglaterra, 1932)

Comezou a debuxar dende moi novo. Estudou na Universidade de Londres e na Escola de Arte de Chelsea. Durante uns 20 anos dedicouse a pintar e exerceu a docencia na Real Escola de Arte onde, entre 1978 e 1986, dirixiu o departamento de ilustración. A súa traxectoria artística destaca por ter colaborado con escritores como Russel Hoban, Joan Aiken, Michael Rosen, John Yeoman e, sobre todo, Roald Dahl. Tamén ilustrou álbums clásicos e creou personaxes propios, como os coñecidos Señor Armitage e Míster Magnolia. Entre os galardóns recibidos nos últimos anos destacan o Premio Whitebread, a Medalla Kate Greenaway e o Premio Internacional da Feira de Boloña. En 2002 recibiu o Premio Hans Christian Andersen de Ilustración, o recoñecemento ao máis alto nivel no ámbito da Literatura Infantil e Xuvenil. En 2004 foi distinguido polo Goberno Francés como Cabaleiro das Artes e das Letras.

https://www.quentinblake.com

2 artículos

Fijar Dirección Ascendente
por página