Míster Magnolia

Blake, Quentin Traducción: Xosé Ballesteros

Do un ao dez, rimando cun excéntrico personaxe sen bota nun pé... Moito humor e algunha sorpresa nun álbum de contaxiosa alegría.

“Míster Magnolia” é un clásico de Quentin Blake publicado en 1980 e galardoado con importantes premios; un relato rimado cuxo protagonista é un simpático personaxe co que os lectores poden enumerar, do 1 ao 10, distintos elementos que o rodean. De ton alegre e contaxioso, a historia de Míster Magnolia destaca polo humor e a sucesión de disparatadas anécdotas que ocorren, entre as que -a modo de retrouso- se repite a ausencia dunha bota nun dos seus pés. Todo cambia coa chegada, por sorpresa, dun paquete envolto en papel de agasallo… Polo seu ritmo acumulativo, a repetición de estruturas narrativas e o carácter descritivo das ilustracións, “Míster Magnolia” é un álbum ideal para practicar a lectura en voz alta, facilitando a participación do público. As imaxes resaltan sobre un fondo branco e chaman a atención polo seu variado e intenso colorido, a profusión de detalles, e os trazos imperfectos que enfatizan a expresividade e o dinamismo de cada escena.

É ben coñecida a tendencia de Quentin Blake a crear excéntricos arquetipos para os seus libros: dende “Os petos de Loreto” a este “Míster Magnolia”, o autor aposta así por figuras alleas aos convencionalismos que, como neste caso, gozan da música, da observación da natureza e actúan con espontaneidade, sen temor ao que dirán.
Leer más
Leer menos
16,00 €