Monzó, Quim

Monzó, Quim

(Barcelona, 1952)
Novelista, contista e articulista. Estudou Deseño Gráfico na Escola Massana de Barcelona. Comezou a traballar na prensa escrita na década dos 70 como correspondente e columnista en xornais de Barcelona e Madrid. Tamén realizou un traballo destacable como tradutor do inglés ao catalán de autores como Truman Capote, J. D. Salinger ou Ernest Hemingway. Considerado dende os anos 80 unha revelación literaria en Catalunya, ten publicado máis dunha ducia de obras de narrativa e varias compilacións de artigos. A súa obra foi recoñecida, entre outros, co Premio de Honra das Letras Catalanas, o Premio Nacional de Literatura, os premios Cidade de Barcelona, Prudenci Bertrana, El Temps, Lletra d'Or, o premio dos Escritores Cataláns, Maria Àngels Anglada, Trajectòria e, en catro ocasións, o premio Serra d'Or da Crítica. En 2007 deu o discurso inaugural na Feira do Libro de Fráncfort. Tamén colabora en proxectos cinematográficos e escribe habitualmente para La Vanguardia. Libro tras libro, con traducións a outras linguas, Quin Monzó foi construíndo unha das traxectorias máis sólidas da narrativa catalá actual ata converterse nunha referencia.
https://www.monzo.info/ 

 

1 artículo

Fijar Dirección Ascendente
por página