Os artistas plásticos e docentes Vicente Blanco e Salvador Cidrás participarán o 6 e 7 de outubro no VII Foro de Educación FARO EDUCA, no Auditorio Palacio de Congresos Mar de Vigo. En ambas as datas –venres a partir das 17:00 h e sábado dende as 17:45 h– impartirán o obradoiro «O lugar do caos: educación artística e creatividade», no que ofrecerán técnicas e procesos creativos para “contar e expresar ideas a través da narración, a través de debuxo, deseño e volume”.
Formados na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, Vicente Blanco e Salvador Cidrás son autores de «Educar a través da arte», publicada na Biblioteca de Pedagoxía de KALANDRAKA. Destinado tanto ao profesorado en activo como a futuros docentes, especialmente de Educación Infantil e de Primaria, mais tamén de Secundaria, este libro propón un modelo de traballo para iniciar “cambios educativos significativos baseados no desenvolvemento de procesos persoais que foxen das respostas estereotipadas e convencionais”.
«Educar a través da arte» recolle experiencias “performativas” que abranguen traballos co barro, co papel ou co debuxo experimental, entre outras propostas. Tamén son impulsores do grupo de innovación educativa Escola Imaxinada, que integra a profesionais das artes, da arquitectura, da filosofía e da educación infantil.
Ademais da súa faceta docente, Vicente Blanco e Salvador Cidrás son artistas multidisciplinares cunha ampla traxectoria creativa e expositiva. As súas obras teñen pasado polos museos de arte contemporánea máis prestixiosos, dende o CGAC en Compostela ou o MUSAC en León ata o Reina Sofía en Madrid, pasando por centros de nivel internacional en Berlín, Ámsterdam, Nova York ou Tokio. O seu traballo «Debuxar o mundo» recibiu o Premio Marta Mata de Pedagoxía 2020, concedido pola Asociación de Mestres Rosa Sensat.
Utilizamos cookies para personalizar o contido e os anuncios, proporcionar funcións de redes sociais e analizar o noso tráfico. Tamén compartimos información sobre o seu uso do noso sitio cos nosos socios de redes sociais, publicidade e análise, os cales poden combinala con outra información que lles proporcionase ou que recompilasen a partir do uso dos seus servizos.
Necesarias
Preferencias
Estadísticas
Marketing
Necesarias
As cookies necesarias axudan a que un sitio web sexa utilizable ao permitir funcións básicas como a navegación pola páxina e o acceso a áreas seguras do sitio web. O sitio web non pode funcionar correctamente sen estas cookies.
Preferencias
As cookies de preferencias permiten que un sitio web lembre información que cambia a forma en que se comporta ou se ve o sitio web, como o seu idioma preferido ou a rexión en que se encontra.
Estadísticas
As cookies estatísticas axudan aos propietarios de sitios web a comprender como os visitantes interactúan cos sitios web recompilando e proporcionando información de forma anónima.
Marketing
As cookies de márketing utilízanse para rastrexar os visitantes nos sitios web. A intención é mostrar anuncios que sexan relevantes e atractivos para o usuario individual e, polo tanto, máis valiosos para os editores e anunciantes externos.
As cookies son pequenos arquivos de texto que os sitios web poden utilizar para facer que a experiencia do usuario sexa máis eficiente.
A lei establece que podemos almacenar cookies no seu dispositivo se son estritamente necesarias para o funcionamento deste sitio. Para todos os demais tipos de cookies precisamos o seu permiso.
Este sitio utiliza diferentes tipos de cookies. Algunhas cookies son colocadas por servizos de terceiros que aparecen nas nosas páxinas.
En calquera momento pode cambiar ou retirar o seu consentimento da Declaración de cookies no noso sitio web.
Obteña máis información sobre quen somos, como pode contactarnos e como procesamos os datos persoais na nosa Política de Privacidade.