Crías de animais. Quen son? Europa
Oso, lobo, cisne… os ‘Pequechos’ desta serie preséntanse e dannos pistas para que adiviñemos a que especie pertencen. As ilustracións, realistas e de gran detallismo e expresividade, acompañan este xogo para achegar os nenos e as nenas á fauna salvaxe do territorio continental.
A serie «Quen son? Crías de animais» presenta varias especies de mamíferos e de aves agrupadas por continentes para inspirar a curiosidade pola fauna e polo coidado da natureza dende as primeiras idades. Cada título inclúe sete crías: con textos sinxelos e descritivos, acompañados dunha suxestiva ilustración, cada unha preséntase cunha adiviña e establece un diálogo directo e activo coas lectoras e cos lectores; o enigma resólvese ao pasar a páxina, onde aparece coa súa familia no seu hábitat natural, ampliando a información sobre a contorna, os costumes e as características físicas dos adultos. Son textos cientificamente rigorosos que plasman a realidade da natureza de forma doada e comprensible, ademais de amosar a biodiversidade e as distintas formas de crianza.
Realizadas con grafito e suavemente coloreadas, as imaxes son realistas e de gran detallismo, fieis aos canons da ilustración científica, e destacan pola expresividade e pola tenrura dos protagonistas. A parte narrativa e a visual compleméntanse, resultando un material de referencia non só para escolas e bibliotecas, senón tamén para compartir no fogar.
O león, a xirafa, o gorila, o elefante, o hipopótamo, a avestruz e a cebra protagonizan o volume ambientado en África. O lobeto, o cisne, a cabuxa, o osiño, a marmota, a aguia real e a lontra ocupan a selección de Europa. Tampouco falta a reflexión sobre a situación dos animais no continente que habitan para que os cativos coñezan as principais ameazas que fan perigar a súa conservación e tomen conciencia sobre a importancia de respectar e protexer o planeta.

Otros idiomas:
Colección: Crías de animales. ¿Quién soy? | Primeros lectores
Edad recomendada: A partir de 3 años
Páginas: 40
Tamaño: 22 x 22
ISBN: 978-84-16721-84-9
Libros relacionados
Comprueba los artículos para añadir a la cesta o