Oliver Button é unha nena

dePaola, Tomie Traducción: Sandra e Óscar Senra Gómez

É diferente; non practica os deportes nin os xogos habituais para outros nenos. Un clásico que, dende a emoción e a sensibilidade, anima á autoafirmación e á empatía fronte aos estereotipos e á incomprensión.

Oliver é diferente: gústalle a natureza e a lectura, xoga con bonecas de papel e encántalle disfrazarse para cantar e, sobre todo, bailar. O seu pai preferiría que practicase deportes pero, a súa falta de habilidade para o exercicio físico fai que os seus compañeiros de escola o marxinen, se burlen del e o intimiden. «Oliver Button é unha nena», chegaron a pintar nunha parede. Tomie dePaola creou esta historia dende a súa propia experiencia; pouco mudaron as tornas dende 1979. Os estereotipos e os roles de xénero que diferencian as nenas e os nenos polos seus gustos e a súa apariencia externa, o acoso contra quen actúa á marxe das pautas socias, seguen sendo unha lacra na sociedade actual.

Moitas nenas e nenos identificaranse con Oliver, coa súa sensibilidade artística, co tesón, co esforzo e coa superación para desenvolver as súas inquedanzas persoais a pesar da intolerancia e do rexeitamento alleos. A obra de Tomie dePaola -ilustrada con viñetas de debuxos figurativos e suaves tonalidades cromáticas- tamén plasma a importancia do apoio nos eidos familiar e escolar para que Oliver forxe a súa autoestima, acade o respecto que merece e sexa feliz.
Leer más
Leer menos
16,00 €