Avoa de arriba e avoa de abaixo

dePaola, Tomie Traducción: Óscar e Sandra Senra Gómez

Un clásico contemporáneo, tenro e emotivo, que nos achega a cuestións fundamentais da vida como o cariño, a familia e a perda dos seres queridos.

Publicado por vez primeira en 1973, este álbum foi o primeiro que Tomie dePaola dedicou aos seus recordos infantís. Trátase dun relato autobiográfico de carácter interxeracional que nos achega a cuestións fundamentais da vida como o agarimo, a familia, a perda dos seres queridos, etc. Nesta historia chea de tenrura preséntase a noción do paso do tempo dende dous planos, o cotián e o existencial, e introdúcese consecuentemente o tema da vellez: ese misterio que só se resolve cos anos. Pola súa parte, o protagonista enfróntase a un proceso de dó, unha experiencia que o axudará a medrar e que todo o mundo ha vivir antes ou despois.

Cunha ilustración figurativa caracterizada polas cores suaves e os encadramentos frontais, o autor evoca unha atmosfera cargada de nostalxia e de afecto nun conto que se converteu nun clásico da literatura infantil.
Leer más
Leer menos
16,00 €