A Cebra Camila

Unha viaxe para crecer, con sumas e restas encadeadas, sete bágoas e sete amigos... e moito máis nunha historia repleta de tenrura.

...Un día, ao saír da casa, o vento bandido levoulle sete raias do seu vestido. Unha araña, unha serpe, o arco da vella e unha chicharra, entre outros animais do bosque, axudaranlle a Camila a esquecer a súa pena. As ilustracións de Óscar Villán son sinxelas e expresivas, adornadas con enxeñosos acenos gráficos para que os pequenos lectores e lectoras busquen máis aló da aparente simplicidade. “A Cebra Camila” ofrece unha particular visión do paso da nenez a unha certa conciencia do tempo, ao descubrimento do mundo e dos problemas que conleva. O texto, de estrutura encadeada, utiliza os recursos propios dos contos tradicionais: xogos de preguntas e de respostas, rimas e reiteracións, apoiándose nun ton suxestivo e poético.
Leer más
Leer menos
14,00 €