O fío
Tirón a tirón, rima a rima, foron minguando a chaqueta, a camiseta, o pantalón... ata o bosque e o mesmo sol!
Simpático e disparatado, este relato rimado comeza cunha anécdota inocente e insignificante: quen non tirou dun fío que lle sobresaía da chaqueta... Así o fai o neno protagonista desta historia, cuxa curiosidade por chegar ao extremo final da febra vólvese insaciable e ata extenuante. Porque paradoxicamente, canto máis intenta desenmarañalo, máis se enreda o fío en si mesmo e tamén no escenario onde transcorre a acción, como se o filamento falcatrueiro formara parte dos trazos das ilustracións.
O texto de Gracia Iglesias desprende humor e ironía. Co seu ritmo dinámico e creando unha tensión narrativa que vai in crescendo, atrapa a atención do público, expectante por coñecer o intrigante desenlace do conto.
Rosa Osuna súmase ao xogo cunha proposta plástica na que predominan os fondos neutros sobre os que destacan -con intenso colorido- o protagonista e outros personaxes cómplices que a ilustradora engade na trama visual. Na expresividade do neno aprécianse os cambios no seu estado de ánimo, que vai do interese inicial, á preocupación, á sorpresa ou á trasnada, ata o esgotamento final.
A nudez humana represéntase con naturalidade, mentres que a ‘nudez’ do espazo -a medida que aumenta a madeixa de fío- apela á imaxinación dos lectores.

Otros idiomas:
Colección: Obras de autor/a
Edad recomendada: A partir de 3 años
Páginas: 36
Tamaño: 22 x 22
ISBN: 978-84-8464-990-8