Non é fácil, pequeno esquío
O pequeno esquío sentía unha pena moi grande porque a súa nai morrera e pensaba que nunca máis sería feliz. O tema máis difícil de explicar, tratado da forma máis amable.
A primeira vista, podería parecer que con esta proposta literaria e artística os lectores infantís sintan certo desasosego; pero ao igual que lle sucede ao pequeño esquío, os nenos e as nenas perciben dun xeito natural a experiencia da morte. E buscan respostas. A distancia que achega a fantasía resulta básica para axudalos a entender a perda dos seres queridos. Trátase dunha historia entrañable, chea de tenrura e delicadeza, que abre as puertas a un tema profundo e de tratamento necesario, dando suxestións abeertas e tranquilizadoras sobre a continuidade da vida.
O relato de Elisa Ramón aborda o proceso da dó dende o enfado e a ira ata o efecto reparador dunha aperta, o pranto desconsolado, a soidade e a incomprensión; mais tamén a recuperación do equilibrio emocional a través do amor e das lembranzas. Combinando acuarelas, ceras e lapis, as ilustracións sinxelas e tenras de Rosa Osuna destacan polo seu acerto na representación da figura ausente, e na presenza de elementos simbólicos e obxectos que enriquecen a lectura visual.

Otros idiomas:
Colección: Obras de autor/a
Edad recomendada: A partir de 3 años
Páginas: 40
Tamaño: 22 x 22
ISBN: 978-84-8464-183-4
Premios : PROGRAMA NACIONAL DE LECTURA (SEP México) - 2005